Xinzo de Limia

Xinzo de Limia aproba en pleno a conta xeral do exercicio 2017

Aprobouse unha moción conxunta para dar apoio ás mulleres con endometrose

11111111111111
Imaxe do pleno ordinario do 17 de setembro de 2018

O Concello de Xinzo de Limia aprobou esta mañá, no marco do pleno ordinario do mes de setembro, a conta xeral do exercicio 2017. Nunha breve sesión con poucos asuntos a tratar, tamén foi aprobada a adhesión do municipio limián ao convenio da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias –FEGAMP– e a empresa pública de Servizos Agrarios Galegos –SEAGA– para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas franxas secundarias enfocado cara a prevención e a lonta contra os lumes forestais.

Tamén foi aprobada a única moción presentada para esta sesión plenaria: unha moción asinada por todos os grupos políticos presentes na corporación na que se lle da apoio explícito á loida das mulleres que padecen endiometrose, a petición da asociación querENDO. A endiometrose é unha doenza inflamatoria de orixe descoñecida que causa lesións ováricas e unha severa distorsión no corpo da muller que a padece.

No turno de rogos e preguntas, o grupo socialista solicitou ao goberno que se coloquen marcos exteriores no velorio de Lamas, así como noutros velorios do municipio, para que a xente estea protexida das inclemencias do tempo. Así mesmo, tamén se requeriu por parte da voceira socialista que fose arranxado o pavimento da beirarrúa de Lamas á altura do campo da festa e que se realicen con urxencia os arranxos pendentes na escola infantil. Dende o grupo maioritario da oposición tamén se solicitou que se revisen os muros de peche das fincas situadas nas inmediacións dos centros escolares e preguntouse polas iniciativas da oposición que “só son tratadas en comisións informativas e non se baixan ao plenario”. Por último, a voceira do PSdeG, Elvira Lama, preguntou ao concelleiro Carlos Gómez arredor dos impactos, repercusión e aportes do consistorio en relación coa Festa do Esquecemento; así como por outros asuntos de interese municipal.

Por parte do grupo municipal de Xinzo Adiante formuláronse preguntas ao rexedor con respecto ao estado das depuradoras. Así mesmo tamén se cuestionou o uso de herbicidas do actual edil de medio ambiente, o cal fora obxecto de denuncia. Tamén se realizaron unha serie de rogos relativos ao estado de limpeza dalgúns sendeiros do concello e a diversos asuntos de interese local.