Xinzo celebrou o día de Galicia

Cun acto institucional e un concerto de música

Xinzo celebrou o día de Galicia

Presidio polo tenente alcalde Manuel Cabas e acompañándoo o Concelleiro de Cultura e representantes dos grupos da oposición PSdG-PSOE  e XA , o concello de Xinzo un ano máis celebrou o día de Galicia na praza Maior da vila coa lectura dun manifesto institucional no que analizou as orixes do día de Galicia dende o ano 1919 e as diversas vicisitudes e polas que foi pasando a celebración ata a súa instauración definitiva  polo parlamento de Galicia no ano 1981.

CONCERTO E HIMNO GALEGO

Despois de rematada a lectura a Agrupación musical da Limia, deleitou aos presentes, que abarrotaban a praza con pezas “axeitadas para bandas” do folclore galego, para finalizar con todo o público asistente en pe, escoitar o himno galego.