Xinzo de Limia

Os veciños de Fiestras terán unha depuradora de augas residuais

O  presuposto de máis de 234.000.-€ será achegado pola CHMS en colaboración co Concello de Xinzo

IMG_20160817_110740
IMG_20160817_110740

Os setenta veciños de Fiestras e 7 de Laroá contarán a partir de primeiros de ano cunha planta depuradora das augas residuais , que actualmente van a dúas  fosas sépticas.

 A Confederación hidrográfica Miño Sil e o Concello de Xinzo asinaron un convenio, polo que a primeira achegará a cantidade de 234.000 €, que será o custe máximo da obra.

IMG_20160817_110823

Espérase que nos próximos meses saia a concurso a adxudicación da obra e que os traballos rematen no primeiro semestre do 2017.

Esta era unha vella demanda dos veciños e do propio Concello ca cal , se mellorará o servizo e a calidade das augas que logo irán a parar o regato de Fiestras e o río pequeno.

O lugar escollido polos técnicos para a emprazamento da planta será onde se atopa nestes momentos a fosa séptica, un terreo comunal en Fiestras.