Medio Ambiente estudará a posibilidade de executar unha mellora do saneamento no núcleo de Morgade, en Xinzo de Limia

O alcalde levou outros proxectos para o seu estudo por parte da consellería

image_gallery
image_gallery
Medio Ambiente estudará a posibilidade de executar unha mellora do saneamento no núcleo de Morgade, en Xinzo de Limia

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo onte (mécores 29 de marzo) unha reunión de traballo co alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez Rodríguez, ao que lle adiantou que Augas de Galicia analizará a posibilidade de executar un bombeo e unha mellora do saneamento no núcleo de Morgade.

No encontro, que serviu para analizar a situación do saneamento e do abastecemento deste concello da provincia de Ourense, o rexedor municipal solicitou a particpación de Augas de Galicia nun proxecto que consiste en derivar as augas residuais que se xeran neste núcleo para o seu tratamento.

A conselleira de Medio Ambiente indicoulle que Augas de Galicia analizará as súas posibilidades de colaboración, tal e como fai con todas as demandas para a posta en marcha de actuacións que melloren as infraestruturas hidráulicas dos concellos e que, en definitiva, permitan mellorar a calidade das augas, así como como a prestación deste servizos aos galegos.