Manuel Cabas participou na reunión anual de Voluntarios de Protección Civil da provincia

Celebrouse en Celanova o sábado pasado.

Membros da agrupación de Protección Civil de Xinzo coa delegada da Xunta
Membros da agrupación de Protección Civil de Xinzo coa delegada da Xunta
Manuel Cabas participou na reunión anual de Voluntarios de Protección Civil da provincia

O sábado  o Claustro do Mosteiro de Celanova, foi o escenario no que se reuniron mais de 50 agrupacións de voluntarios da provincia de Ourense. Máis de 400 compoñentes das asociacións de voluntarios participaron nos talleres que se levaron a cabo durante toda a xornada.

No primeiro deles participou a UME (Unidade Militar de Emerxencia) cun taller sobre incendios forestais.  Por grupos os asistentes participaron tamén en talleres sobre accidentes, Velutinas, sinalizacións de accidentes de tráfico e sinalizacións de rallys.

Despois da comida de confraternización, onde participaron a maioría dos responsables das agrupacións fóronlle entregadas medallas e distincións a varios  voluntarios que destacaron polos seus traballos.

Manuel Cabas, alcalde de Xinzo, participou ademais de por ser o alcalde de Xinzo, por ser o responsable da agrupación de Xinzo, que foi unha das máis galardoadas da provincia.