Xinzo de Limia

Aprobadas varias peticións á Consellería de Sanidade en mocións conxuntas levadas a cabo no pleno ordinario do 29.08

Solicitude de manter dúas enfermeiras no servizo de Pediatría, cambio do equipo de raios X e voltar a reclamar unha unidade de hospitalización a domicilio con coidados paliativos

IMG_5768
IMG_5768

A moción presentada en comisión polo grupo “Xinzo Adiante” decidiuse facelo  conxuntamente polos catro grupos que conforman a corporación municipal referente  ó mantemento no servizo de pediatría de dúas enfermeiras, das que unha pasou a medicina familiar. Tamén  por unanimidade foron aprobadas dúas mocións máis ao SERGAS, na que primeiro se solicita un novo aparato de raios X, posto que o que está no Centro de Saúde xa non funciona. Por último e referido tamén a peticións a administración autonómica, solicitouse por parte de tódolos grupos a creación dunha unidade de hospitalización a domicilio. Neste punto o concelleiro Sr. Casas comentou que esa fora xa “unha promesa da anterior Conselleira”, pero que de momento non se sabía nada.

Dominio web do Concello

Temen o pleno aprobou por unanimidade a solicitude do domino .gal, para o Concello comprometéndose o alcalde a facelo no menor tempo posible.

Concello “libre de glisofato”

Continuou o pleno con aprobacións por unanimidade das diferentes propostas dos grupos da oposición, que logo se presentaron conxuntamente, como foi a de declarar o Concello limiao “libre de glisofato.Isto non significa que se vaia a prohibir a súa utilización, se non que neste paso o que se pretende é unha sensibilización tanto das persoas que o están a utilizar, como das administración que o empregan.

Proposta do PSdG-PSOE para a implantación de “camiños escolares seguros”

A propia portavoz do grupo do PSdG-PSOE congratulábase de que xa na prensa estes días vira o anuncio por parte do Concello da próxima implantación de camiños  escolares seguros, tomando a palabra o concelleiro do PP, Sr. Cabas para comunicarlle que levan xa mais de un ano con reunións coas distintas administracións, autonómica e provincial e mesmo coa DXT, para implementar eses camiños na nosa vila.Anunciou  que xa se  ten mascota, , que se presentará en breve así como reunións de profesores, pais, DXT, etc nos próximos días para poner o plan  en marcha. Estes camiños levarán parello un xogo denominado “xogo da serpe”.

No apartado de rogos e preguntas o rexedor foi respostando a cada unha das cuestións plantexadas polo grupo de Xinzo Adiante e PSOE, rematando o mesmo cun “acedo” debate entre a portavoz do PSdG- PSOE  Elvira Lama e Antonio Pérez, o Alcalde referente a cuestións relacionadas co “cambio de uso” segundo a concelleira da oposición, negada e rebatida polo primeiro edil, en canto a autorización de peche dunha leira a carón do acceso a autovía sen entendemento final por ambas partes, afirmando o alcalde e facendo constar en acta, que sobre este tema, si a concelleira quere, pase pola alcaldía e asinará un decreto cedéndolle a ela as prerrogativas da alcaldía para que ela firme os documentos que queira, inhibíndose desta maneira tanto el como o Concello.

Nos, dixo o alcalde o único que estamos a facer e seguir o que nos ordena nun auto o xulgado, non tendo ningún interese, por parte da alcaldía nin do grupo de goberno, de favorecer, nin de prexudicar, nin a un nin a varios veciños.