Máis efectivos para a limpeza de Xinzo

Comezarán esta semana 10 persoas acollidas ó programa de integración social da Xunta e un camión baldeador de rúas

Foto arquivo
Foto arquivo
Máis efectivos para a limpeza de Xinzo

Co finanzamento case total da  Xunta de Galicia, dentro dos  programas  para persoas con risco de exclusión durante sete meses a partir de finais desta semana o Concello de Xinzo contará con 10 operari@s máis que axudarán nas labores de limpeza e mantemento. Estas dez persoas entran a traballar coas brigadas do concello, pero o seu custe será case do 100% da Xunta, onde  aportación do Municipal será de 2.355,10€, dentro dos plans que a Consellería de Economía, Emprego e Industria. O Concello de Xinzo sempre participa destes plans para persoas que están cobrando a RISGA.

REFORZAMENTO DA LIMPEZA EN VARIOS LUGARES

Unha destas persoas dedicarase a reforzar  a limpeza de edificios municipais. Dúas delas farán o seu traballo, tanto nas instalacións da Moreira como das instalacións das piscinas exteriores.

O servizo ao cal reforzarán máis persoas será o da limpeza viaria da vila,con tres  persoas; así como a limpeza dos pobos do Concello aos que se destinan catro persoas do grupo de 10.

Con estas persoas que se incorporan a estes traballos de mantemento e limpeza, o Concello, pensa, e a vez desexa que a limpeza e mantemento  cada vez sexa mellor, aínda que para elo solicita tamén a colaboración de todos os veciños e veciñas. A mesma vez congratúlase de poder votarlle unha man a estas   persoas en risco de exclusión, coa colaboración dos programas da Xunta de Galicia.

CAMIÓN BALDEADOR

1437912174-0-0Como nos anos anteriores e durante estes meses de verán a concellería de Medio Ambiente contratará os servicios dunha empresa externa que porá a disposición un camión baldeador.

Este camión terá 30 actuacións programadas nas prazas e rúas de Xinzo,  incrementándose cando se prevee maior achega de xente a nosa vila. Nas festas de Sta. Mariña, da semana que ven, durante os días da Festa do Esquecemento e os principio e final de semana.

O custe deste servicio para as arcas do Concello será duns 18.000,00€