O encoro de Gudín podería producir electricidade nun futuro

Visitarono o alcalde e os técnicos da CHMS

Presa do encoro de Gudín
Presa do encoro de Gudín
O encoro de Gudín podería producir electricidade nun futuro

A Confederación estudia a viabilidade do  aproveitamento hidroeléctrico  do encoro de GUDÍN

A presa mantense en perfecto estado

A confederación determinou que as instalacións da presa de Gudín, a pesar de levar vinte anos paradas, mantense en perfecto estado. Os técnicos visitaron xunto co Alcalde e o Tenente de alcalde a nave que se atopa ao carón da presa, onde están instaladas a maquinaria e as turbinas, as cáles, segundo certificaron os propios técnicos atópanse en perfecto estado.

Este era o primeiro paso para que o Concello poida solicitar o Ministerio, vía CHMS, un posible aproveitamento para produción de enerxía eléctrica.

 O concello de Xinzo esperará agora o  informe favorable por parte do Ministerio para estudar a viabilidade do aproveitamento hidroeléctrico  que redundaría en beneficio dos pobos que no seu día cederon os terreos para a construción do encoro.

Neste momento o caudal de auga que verte a presa  sería suficiente para ese aproveitamento, pero agora os técnicos da Confederación, tomarán medidas dos caudais en diferentes épocas do ano para así medir a súa viabilidade.