<

Xornada informativa de axudas e rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago en Xinzo de Limia

Poderanse beneficiar das axudas comunidades de vivendas e particuares

 

Xornadas rehabilitación vivendas
Xornadas rehabilitación vivendas
Xornada informativa de axudas e rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago en Xinzo de Limia

Hoxe, día 25 de abril, ás 19:00 h, celebrouse a “Xornada informativa de axudas e rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago” no Salón de Plenos de Xinzo de Limia. Asistiron a Xefa Territorial, os técnicos da Xunta, representantes dos concellos da comarca e xente a título persoal.
O obxectivo deste programa, incluído no Plan rehaVITA, comprende as sete rutas declaradas e delimitadas: Francés, dá Prata, Inglés, Primitivo, Norte e Fisterra. Os propietari@s e as comunidades de vivendas emprazadas no ámbito do área de rehabilitación dos camiños de Santiago poden beneficiarse das axudas, que chegan a alcanzar os 15.000 euros por vivenda.


Nesta charla expuxéronse as particularidades do ámbito, quen son os beneficiarios, as actuacións protexibles, a contía das axudas, como realizar o trámite para solicitar a axuda e a documentación a presentar.


Para máis información, poderase acudir á Oficina de rehabilitación da ARI dos Camiños de Santiago, escribir ao correo electrónico ofic-rehavivendasdocamino.igvs@xunta.gal ou aricourens@xesturgalicia.com , visitar a páxina www.ari-igvs.xunta.gal ou chamar ao teléfono de contacto 988 788 683.